Inicio
Foro

RAID
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
                    
 

 

Solidaridade

Nesta sección queremos expoñer as accións mais destacadas de solidaridade que realiza a

A.D.C. Bombeiros A Coruña.

 

 

Recollida de material de intervención para parques 3º mundo

O 3 de xuño de 2009 fixemos entrega a Ricardo Olabegoya (que viña en nome da Confederación de Bombas de España en Chile) deste material de intervención. Este material finalmente iría parar a Chile, ós bombeiros voluntarios dunha zona do sur do país. Entre este material ían chaquetóns e cubrepantalóns ignífugos, cascos, máscaras, botas, guantes, botiquíns, ... todo elo nunhas boas condicións, xa que cada certos anos modernizamos o noso material e este material "retirado" aínda se pode traballar con el.

Sin duda, unha pequena aportación na que colaborou tamén Protección Civil da Coruña

Noticia en el Ideal Gallego

Noticia en el Que!

 


 

Recollida de Alimentos e xoguetes

Durante dous anos consecutivos, puxemos o noso gran de area en algo tan simple como é a recollida de alimentos e recollida de xoguetes en bo estado para entregar, por un lado á cociña económica da Coruña e por outro lado á Ong Ecodesarrollo Gaia. Coma sempre, a colaboración de todos os nosos socios/as fixo que por uns días a xente máis desfavorecida puidese sorrir nunhas datas tan sinaladas como son o nadal e o día de Reis.




I e II Trofeo de Fútbol-7 "Solidaridad niños del Chiriaco"

                 

Trofeo de fútbol 7 que se organizou en decembro de 2007 e 2008, coa finalidade de recaudar fondos para a Misión de Chiriaco, na selva amazónica do Perú. O resultado é o de menos, o importante é a participación nesta clase de eventos.

 


Calendario 2006


                                             

AGOTADO!!!

Tras 3 edicións cun total de 7000 calendarios.

Recaudados 24.000 euros que xa foron donados.


            

 

O día 9 de Febreiro fíxose entrega do diñeiro recaudado polos calendarios as dúas ONG´s seleccionadas (Ecodesarrollo Gaia e Albergue Padre Rubinos), co cal cada unha recibirá 11.815 euros, que irán a parar a distintos proxectos.

O Albergue Padre Rubinos, invertirá o diñeiro nun proxecto no que van a habilitar unha zona do albergue para facer uns pisos para varias indixentes que teñen posibilidade de atopar traballo e poder independizarse. Xa lo fixeron con homes y agora probarán con estas mulleres.

Ecodesarrollo Gaia está desenrrolando multitud de traballos cos inmigrantes. Este diñeiro viralles de maravilla para todos eles, por exemplo, para compra de libretas, ropas, inmobiliario, material informático, electrodomésticos e para levar a cabo as decenas de proxectos interesantes que teñen como fin. Ver a sua web - Ver agradecimento

Non se pode esquecer tampouco da colaboración que se mantén de forma permanente con Intermon Oxfam.

GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

Ver máis...