|
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Intervencións Incendio
Polígono La Artística (09-05-2009)
Sobre as 0:55 horas do día sinalado, chámanos o 112 para prestar axuda ós compañeiros do parque comarcal de Arteixo nunha nave do polígono La Artística. A un quilómetro do lugar, vemos unhas chamas xigantes e cremos que o incendio é máis do que nos dixeran. Á chegada vemos unha imaxe dantesca. Prácticamente toda a mañá do polígono está en chamas. Trasládase pois, todo o persoal do parque con prácticamente todos os camións con auga e autoescalas. A intervención durou unhas sete horas e calcinou 14 naves por completo e 3 danadas. En dito incendio participamos os bombeiros de Arteixo, Carballo, Cambre e A Coruña, así como persoal da refinería Repsol, facilitando auga. Tralo incendio volveuse abrir o debate das competencias dos parques de bombeiros (comarcais e do concello), pero todo segue igual, nada cambiou e voltarase co tema cando volva a suceder algo fatal. A clase políticia escóndese cando xurden problemas e non dan unha resposta eficaz á cidadanía
Incendio Puerta Real-María Pita (24-02-2008)
Ás 8 da mañá recibimos numerosas chamadas alertando dun grande incendio nas inmediacións da Praza de María Pita. Dende varios puntos da cidade dinnos que ven sair moito fume. Saímos de inmediato con 3 dotacións de bombeiros ás que se sumarán durante o traxecto outras 2, tras recabar máis información. Ó chegar´, vemos unha grande fumareda en todo o edificio e de forma moi intensa no baixo e na parte alta do edificio. O equipo de rescate xunto coa Policía Local, desaloxan ós veciños, entre eles varias persoas de idade avanzada e sen movilidade. Os equipos de extinción entran no baixo, primeira pranta e tellado, xa que o incendio propagárase pola chimenea e as características do edificio, de tabiques e vigas de madeira, eran un grave perigo tanto para o persoal que alí traballaba coma para a propia estructura do edificio. Mentres esto sucedía, outras dúas dotacións incorporábanse ó traballo, sumando un total de 7 dotacións con 40 bombeiros. Éntrase en tódalas prantas, ou ben pola galería ou polas portas. Tras controlar o incendio, procedeuse ó saneamento de todo o edificio, así como ó enfriamento dos rescoldos. Unha vez finalizado, quedouse unha dotación nas inmediacións para comprobar que o lume non se reavivara.
Incendio C/ San José (02-12-2008) Sobre as 13 horas recibimos varias chamadas sobre un incendio en dita rúa. Ó chegar ó lugar encontrámonos cunha inmensa fumareda saíndo pola fiestra. Tras forzar a porta do piso, procedemos á extinción. Ninguén resoltou ferido, xa que a nosa chegada xa estaba o edificio evacuado. Incendio Av. Arteixo (6-4-08) As 10:30h. prodúcese un incendio no ático do nº11 da Av. de Arteixo, quedando calcinada a entrada, a cociña e o salón, ademais do deterioro de parte do tellado do edificio. Non houbo que lamentar danos persoais, peor o humo afectou a toda a vivienda. Rotura da tubería xeral da auga en Elviña (17-12-2007) Unha das tuberías que abastece de auga a cidade rompe á altura do Barrio de Elviña. A riada é tal que os sótanos máis próximos comezan a inundarse e con elo o perigo de inundación dos transformadores subterraneos. A primeira intervención foi ahí, evitar que a auga se xuntase coa corrente eléctrica.
Incendio vehículo Alfonso Molina, (17-12-2007) Pouco antes das 5 do serán prodúcese un incendio nun turismo na Avenida Alfonso Molina dirección entrada á cidade. A grande afluencia de tráfico e as retencións provocadas polo incendio, así como o acceso dende o parque de bombeiros, fixo que á chegada dos efectivos, o coche estivese prácticamente calcinado.
Incendio r/Santa Lucía, (06-12-2007) Lume nun piso nun edificio abandonado da rúa Santa Lucia nº 11. Cando chegamos saían as chamas polas fiestras, quedou calcinado un dormitorio e o salón. Toda a vivenda se viu afectada polo fume, ó ter o teito de madeira tivemos que rompelo todo para poder enfriar ben todos os recunchos, non houbo persoas afectadas.
Combustión en la Medusa del Puerto, (14-11-2007) O martes 13 pola noite a cidade ule raro. O quecemento do carbón aloxado no interior da Medusa (planta de transferencia de carbón), provoca que saia fume do seu interior, creando unha nube apestosa na zona do Porto da Coruña. Ó día seguinte pola mañá, esa nube vese dende diversas zonas da cidade. O dispositivo da empresa non é suficiente, polo que ó día 14 ponse en marcha a segunda fase do dispositivo, no que a Autoridade Portuaria faise cargo das operacións. Aquí comeza o labor dos bombeiros da Coruña. A súa intervención é clave para controlar as combustións. O fume que sae do recinto, contén principalmente monóxido de carbono e dióxido de azufre. Para controlar as combustións utilízase todo tipo de materiais, sendo imprescindible a cámara térmica, así como persoal perfectamente situado e con todas as medidas de seguridade. Según a empresa, había 70.000 toneladas no interior da planta. O dispositivo finaliza o mediodía do lúns 19.
Incendio da Casa do Mar, (27-09-2007) Sobre as 12 do mediodía dan aviso dun incendnio no 5º andar da Casa do Mar. Trasládanse alí dúas dotacións de bombeiros. O incendio atópase nunha oficina da Cofradía de Pescadores, que queda calcinada por completo. Un funcionario da consellería queimouse ó intentar sofocar as chamas e un centenar de persoas teñen que ser evacuadas. O incendio foi provocado por unha persoa que derramou unha garrafa de gasolina pola oficina e logo prendiu lume cun chisqueiro. Á media hora o incendio quedou sofocado.
Incendio Ronda Monte Alto, (13-07-2007) O lumo puido comezar unha pequena cociña que había no lugar. O incendio prodúxose no primeiro andar do edificio, no que había unha terraza cuberta con planchas de plástico. No dimicilio atopábase un home de avanzada idade, que o oír os estoupidos do tellado, intentou acceder á terraza, momento no cal, varios fragmentos de plástico incandescente lle caeron sobre o brazo e cabeza, provocándolle queimaduras de caracter leve.
Caída dende un quinto piso, c/Estrella (06-06-2007) Rescate dunha muller que caiu dende un quinto piso na r/Estrela a un patio de luces, cando fuxía do seu home, que a ameazaba con matala cun coitelo. Traumatismos por todo o corpo e pronóstico reservado durante toda a noite.
Escape de gas, obra Centro Cívico dos Rosais (29-03-2007) A fuga prodúxose nas obras que se están realizando para o futuro Centro Cívico dos Rosais. Unha escavadora perfora unha das tuberías de gas natural, cando abría unha zanxa na parcela onde se realizan as obras. A rápida intervención dos servizos de emerxencia e do servizo de averías de Gas Coruña, así como o entorno aberto onde se produxo o escape, fixo que o sucedido non causase ningunha situación de perigo. Incendio c/Sagrada Familia (17-03-2007) No primeiro andar dun edificio da r/Sagrada Familia, prodúcese un incendio no salón da vivenda. Queda destruida a televisión e os aparatos electrónicos que hai no moble, acumúlase moite fume e hai que utilizar o ventilador para evacuar dito fume do edificio. Nesta ocasión, sen víctimas nin rescate de veciños. Rescate canino (07-03-2007) Os feitos ocorreron na r/Joaquín Planells, no Polígono da Grela. Veciños da zona escoitan uns ladridos que parecen proceder dun oco duns 20 cm, entre dúas naves. Avisan ós servizos de emerxencia que, guiándose polos aullidos de lamento do can, e logo de inspeccionar a zona, ven como alternativa máis viable para salvar ó animal, facer un butrón nunha das naves. As dificultades foron grandes polo pequeno do burato onde se atopaba o animal. Incendio c/ Betanzos (02-03-2007) O incendio desátase no octavo andar dun edificio da rúa Betanzos. Á chegada dos bombeiros apréciase que hai moito fume polas escaleiras e gracias á cámara térmica, chégase ó punto do lume. Trátase dun sofá en chamas que se atopa na entrada dunha vivenda. No interior da mesma, atópase unha muller de avanzada idade durmindo e acompañada do seu can. Ambos atópanse ben grazas a que a porta resiste o lume. Quedan inhabilitados os ascensores por causa da calor producida no incendio, que derrite algúns cables.
Rescate Rochas Praia de Matadero (17-01-2007) Sobre ás catro e media da tarde, recíbese unha chamada do 112 e Policía Local da Coruña, informando de que unha muller caera polos acantilados da Praia de Matadero. A muller estaba incrustada e inmovilizada nunha fisura. Trala chegada da Policía Local, Bombeiros e Servizos Sanitarios, e despois de realizarlle un primeiro exame do seu estado, inmovilízase nunha camilla, para o seu posterior alzado ata o paseo marítimo, no que se atopa unha ambulancia para o seu traslado ó Hospital. Incendio C/Pozo (29-09-2006) O lume comeza no salón da vivenda da última planta do edificio. Nese intre, non se atopa ninguén en dito andar. O lume propágase ás súas anchas polo resto do mesmo, ata que lle caen cascotes do tellado a un viandante . O fume é intenso e as chamas saen polas fiestras. Escóitanse explosións, producto da rotura de cristais e da uralita do tellado. Non houbo que lamentar víctimas pero si danos materiais. O edificio tivo que ser desaloxado por completo durante días ó perder a práctica totalidade do tellado. Incendio C/San Lorenzo (17-12-2005)
Incendio que comeza no dormitorio da vivenda do 4º andar da rúa San Lourenzo. A estreitez da rúa provocou que o camión-escada tivera que maniobrar moito, e o tendido realizouse ó longo de toda a rúa, pois o camión quedou na rúa Tui. Incendio C/Médico Rodríguez (08-01-2004)
O lume comezou no falso teito dunha antiga cervexería na rúa Médico Rodríguez. O local atopábase en obras para convertirse en restaurante. O lume propagouse con máis violencia do habitual. Unha trintena de persoas entre bombeiros, protección civil, cruz vermella e policía local traballaron intensamente. A ameaza tóxica do fume, que contiña restos de revestimento das paredes e do teito, a base de planchas de polipropileno e fibra utilizada para insonorizar os locais, fixo que todo o persoal traballase con máscaras e intentando que a xente do edificio pechase as fiestras. Incendio Restaurante "Trotamudos"
Incendio que se produce no restaurante "Trotamundos", situado na Praza de España, que afecta a todo o edificio (de 4 plantas), nas que o lume alcanzou grande virulencia, debido ó mal estado do edificio. Son rescatadas 4 persoas dunha mesma familia que residían en dito edificio. Derrumbe edificio Cidade Vella (24-04-2003)
Derrumbe dun edificio na Travesía de Padilla, nº 2, tras caer unha medianera posiblemente a consecuencia das obras de cimentación dun edificio próximo. Foron os veciños quenes alertaron á Policía Municipal sobre o perigo de derrumbe do inmoble, que constaba dun faiado, tres pisos e un baixo, tras comprobar que caía area dunha fisuras do teito, según o relato dun dos inquilinos. Unha segunda chamada avisou da caida da fachada, momento no que aínda un dos veciños estaba dentro do edificio, aínda que conseguiu sair correndo polas escaleiras sen sufrir danos. Caída de grúa en Calle Real
(13-12-2002)
Incendio Cine "Riazor"
Quizais o incendio de maior envergadura dos últimos anos. Todo comezou cando, debido ás obras que se estaban realizando no cine, unha chispa prendeu unhas telas, que rápidamente propagaron as chamas por todo o recindo. Aínda coa rápida intervención dos bombeiros e grande cantidade de material utilizado, foi imposible salvar o local. Incendio As Xubias Incendio declarado nunha vivenda unifamiliar, que quedou
completamente arrasada. Accedeuse rápidamente ó tellado da mesma, para controlar
que non se extendera cara as casas contiguas, e aínda que por fortuna non había
persoas dentro da mesma no momento do incendio, sí se rescatou un can que o dono
daba xa por perdido. Incendio Gruas Eiriz
Neste caso, o incendio prodúxose nunha grúa, que á postre quedou totalmente calcinada, danando de consideración, ademáis, tanto a outras grúas colindantes coma ás propias instalacións, polo que foi necesaria a utilización tanto de varias líneas de auga como de espuma. Fundimento do barco Mar Egeo (dic 1992) O petroleiro Mar Egeo fúndese e incéndiase ó lado da Torre de Hércules na Coruña. A marea negra destroza a vida mariña nas Rías de Ares, Ferrol e A Coruña durante moitos anos. As indemnizacións ós afestados comezan a pagarse no ano 2002.
Incendio do barco Urquiola (12-05-1976) O 12 de maio de 1976 o buque petroleiro Urquiola procedente do Golfo Pérsico, quedou embarrancado na Coruña. Unha mala sinalización dunha agulla rochosa fixo que este gran buque que levaba a súa carga á empresa Petrolíber, sufrira un accidente. O Urquiola non sufriu moitos danos neste primeiro momento e pediu ser levado a porto. Os organismos competentes tomaron a decisión de que o petroleiro abandonase o canal e se alexase 200 millas das costas españolas. Netas maniobras o Urquiola sufriu máis danos e un incendio que provocou unha grande fumareda negra. O capitán do barco morreu neste incendio ó permanecer no barco ata o último momento. Nesta catástrofe derramáronse 100.000 toneladas que chegaron ata as rías de Betanzos, Ferrol e Ares. As tarefas de limpeza neste desastre consistiron en instalar un dique que frenara o avance do petróleo á vez qeu pequenos equipos de traballo intentaban recoller o crudo. Tamén se utilizaron deterxentes para disolver o petróleo.
Accidente aéreo de Montrove (13-08-1973) O accidente aéreo de 1973 en Montrove (Oleiros), escribe unha das páxinas máis negras da historia da cidade. Un avión de pasaxeiros estrelouse con 85 persoas a bordo. O accidente produciuse cando un avión de pasaxeiros estrelouse intentando a aproximación ó aeroporto de Alvedro. O seguinte texto foi extraído de ATC Magacine: “Aviaco 118, de Torre de Coruña, ¿me recibe?”. Eran las 11:42 del 13 de agosto de 1973 y la pregunta del controlador de servicio ese día en el aeropuerto de Alvedro quedó sin respuesta; el vuelo 118 de la compañía Aviaco procedente de Madrid se acababa de estrellar en la pequeña localidad de Montrove, en la aproximación final a la pista 22, a escasos 2 Km del umbral. Todos sus ocupantes murieron: 79 viajeros y 6 tripulantes que habían salido de Madrid a las 09:14 y que, al llegar a Coruña, encontraron una espesa niebla que reducía la visibilidad hasta los 350 metros. El comandante de la aeronave, Rafael López Pascual, de 34 años de edad y con 8.600 horas de vuelo, intentó la aproximación por tres veces bajando hasta los mínimos para, en todas las ocasiones, verse obligado a frustrar y regresar de nuevo al VOR en espera de que aumentara la visibilidad. La niebla pareció disiparse un momento, y la Torre informó de una visibilidad vertical de 300 m y horizontal de 1.500 m. A las 11:38, el Caravelle inició el fatal cuarto intento de aproximación: descendió demasiado, uno de sus planos chocó contra un bosque de eucaliptos, y el aparato se desplomó sobre el pazo Del Río." |