Inicio
Foro

RAID
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 



 

Organiza:

RAID

"I PonteAventura Raid"

Concello de Ponteceso

cartel I PonteAventura Raid



 

Colabora:







12-07-2010 BOLETÍN 1 e FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
 

Aquí podedes descargar o 1º boletín do PonteAventura Raid, así como o formulario de inscrición.

Lembrade que hai un nº máximo de 40 equipos e que o prazo de inscrición está aberto dende o 13 de xullo ata o 24 de agosto (ou ata cubrir prazas)
 
boletin 1          formulario de inscrición

   
10-06-2010 ¿QUÉ É UN RAID DE AVENTURA?
 

O Raid de Aventura é unha proba multidisciplinar por equipos, na que os participantes deben completar un percorrido de orientación, no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atopen ó seu paso, e utilizando exclusivamente as propias forzas, usando sempre medios NON motorizados (a pé, en btt, mediante cordas, kayak, …).

O percorrido é descoñecido de antemán e organízase por seccións, probas especiais e puntos de control intermedios. O itinerario entre controis é libre e non estará sinalizado no terreo. A modalidade será “Non Stop” e non será preciso asistencia, posto que a saída, cambios de sección e meta, faranse no mesmo sitio.

O noso principal obxectivo, como organizadores e deportistas, é a promoción dos deportes na naturaleza. Basándonos nesta premisa a proba ten estas características principias:

  • Experiencia na naturaleza

  • Diversión

  • Tódolos públicos

  • Entorno natural único

 

Participación:

Para poder participar será obligatorio ter 16 anos cumpridos ou máis (os menores de 18 anos con autorización familiar), e estar en posesión da licenza de Raid da FEDO ou licenza dun día (tramitaraa a organización).

 

Formato de equipo:

Categoría Élite: formato 3+0, tres compoñentes sempre en competición

Categoría Aventura: formato 2+1, dous compeñentes en competición e un reserva-asistencia, que poderá sustituir ós seus compañeiros nos puntos indicados pola organización.

 

Regulamentos:

  • A Liga Galega de Raid de Aventura estará suxeita ás normas da AGaCO e da FEDO para os Raids.

  • Os equipos clasificaranse atendendo en primeiro lugar ó número de Pcs (balizas) e en segundo lugar ó tempo invertido, este será o total empregado no raid menos o tempo das bonificacións máis o das penalizacións.

    • Penalizacións:

      • Algunhas seccións poden ter un tempo máximo de realización, sobrepasalo implica non realizar a seguinte sección e penalizar a totalidade dos puntos da sección.

    • Bonificacións:

      • Os equipos que compitan con compoñentes femininos terán unha bonificación do 5% do tempo real nas seccións que compitan como mixto ou equipo feminino.

Cotas e prazos de inscrición:

A cota de inscrición será de 54€/equipo. Os membros do equipo que non teñan licenza de Raid, terán que aboar 7€/participantes para obter dita licenza de proba.

A data límite de inscrición, improrrogable, será o 24 de agosto.

En breve poñeremos a forma de inscrición (en vindeiros boletíns).

 

Material obrigatorio do raid:

  • Silbato e coñecer o código Morse de SOS (...---...)

  • Teléfono móvil co Pin indicado na parte posterior do teléfono

  • Bidón con bebida (un por participante)

  • Manta térmica (nunha por participante)

  • Botiquín (vendas elásticas, gasas, betadine, protección solar, ...)

A organización poderá ampliar o material obrigatorio nas seccións que considere convintes.

 ** Prohibido calquer tipo de aparato de navegación con sistema GPS ou similar.