Inicio
Foro

RAID
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
                    
 
 

Calendario 2006


 

A idea de facer un calendario por parte dos bombeiros non é nova. O que si é novedoso, é que o calendario fixérase exclusivamente por bombeiros, xa que non só posan, senon que son eles os que fan as fotos, a composición, a edición, etc. Ademáis, aínda que nun principio unha parte dos cartos recaudados destinaríanse a unha causa benéfica (apadrinamento dun neno), e outra parte para financiar algunha viaxe (campionato de España de fútbol 7, Olimpiadas de bombeiros e policias,..), finalmente optouse por donar todo o recaudado á causa benéfica.

Polo tanto, ademáis de manter de forma permanente unha colaboración con Intermon Oxfam, o diñeiro recaudado será repartido a partes iguais entre o Albergue "Padre Rubinos" (do cal estan o seu cargo as monxas "Hijos de la caridad de San Vicente de Paul"), e Ecodesarrollo Gaia (podedes atopar máis información en www.ecodesarollogaia.org).

 

 

 






Presentación á prensa

A pesar de que días antes xa se produciran algunhas filtracións, no foi ata o día 25 de Octubre cando se realiza a presentación do calendario á prensa. Dita presentación realizouse no propio parque de Bombeiros, sendo o interes por parte dos medios de comunicación bastante elevado, como podedes observar polas fotografías.

E como non, o día seguinte aparecía a noticia tanto na prensa como na televisión.


La Voz de Galicia

La Opinión

El Ideal Gallego

Que!

20 Minutos

Tele 5

En dita reunión coa prensa, informase que a presentación oficial do calendario será o día 19 de Novembro, para o cal celebraresa unha festa na discoteca Green, e alí mesmo poñeranse a venda por primeira vez.