Inicio
Foro

RAID
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
                    
 

 

Actividades Organizadas

 

Ruta BTT Ponteceso-Malpica (12-09-2009)

O 12 de setembro foi a data sinalada. A ruta comezou na Praia de Balarés en dirección a Corme, que pasamos de refilón para subir ó Faro de Brantuas e continuar cara a praia de Niñóns. De alí, seguimos cara o Monte de Nariga e Faro de Punta Nariga, Barizo, Seiruga, Beo, Cabo San Adrián, Praia de Seaia, para volver de volta por Santiso, Limiñoa, Bardaio, Riotorto, A Mezquita. De aquí, estrada ata Ponteceso, onde collemos o malecón cara Currás e Alto das Travesas, para baixar logo por estrada cara a Praia de Balarés. Foron 5 horas e 55 km de subidas e baixadas que fixomella nalgúns dos ciclistas, sobre todo de volta dende Malpica e a sorpresa final de subida a Balarés, a que houbo que facer andando polo mal estado do camiño. Unha ducha rápida na praia e xantar-merenda na mesma.

A esta ruta faltou moita xente interesada que no puido asistir este día. Intentaremos facela de novo ... quen sabe.


 

Ruta en BTT por Poladura de la Tercia (León), novembro 2008

 

Pois ó día seguinte despois da mina, fómonos catro mosqueteiros ó val da Tercia para facer unha ruta en BTT de todo o día. A saída e chegada era en Poladura de la Tercia, unha vila incrustada neste precioso val e no que a xente é encantadora. Cando lles dixemos o que tiñamos pensado facer, xa nos avisaron que era unha tarefa difícil, por non dicir imposible. Aló fomos, e as primeiras costas xa nos avisaron que non o íamos ter fácil. Máis que andar na bici, paseábamos empurrando dela. Aínda así non desistimos e ó chegar a unha pequena canteira (preto de Pico del Rozo), temos o primeiro inconvinte serio. O camiño que queriamos seguir, non o vemos por ningures. Relaxámonos un pouco vendo ó fondo o Pantano de Casares e escoitando os sons da naturaleza. Tras analizar de novo o mapa, eleximos coller un novo camiño que nin aparecía no mapa. Si a subida foi cansadísima, a baixada cara o pantano foi espectacular pero á vez perigosísima. Se a vista dende o alto era incrible, a que tiñamos dende a beira do pantano non era para menos.

Un descansiño para comer e falar en Cubillas de Arbas e de novo subínomos á bicicleta dirección a Casares de Arbas, onde vemos o tremendo desnivel que teremos que percorrer para chegar a Brañilín. Era tarefa moi complicada, pero o obxectivo era ese, e así o cumprimos. Dende o alto da estación, todo era baixada. E tanta baixada que chegamos nun abrir e pechar de ollos de novo a Poladura.

 

Simplemente, espectacular.

Si queres ver máis fotos:  Fotos Poladura

 


 

Visita á mina. Pozo Aurelio del Valle (León), novembro 2008

 

Unha das mellores experiencias desta tempada foi a viaxe a León para coñecer de preto cómo traballan os mineiros do Pozo Aurelio del Valle, pertencente a Hullera Vasco Leonesa, fundada en 1893 e da que se espera a súa continuidade ata 2025. Nos momentos de maior crecemento, chegou a ter unha plantilla de 1600 traballadores.

O pozo polo que baixamos ata 650 metros, ten un diámetro de 6,5 metros, unha xaula con capacidade para 100 persoas e un Skip con 21 toneladas de capacidade de carga para extracción de carbón.

Allí vimos y contemplamos la dureza de la mina. Parece como si se parase el tiempo hace años. Uno de los trabajos más duro que hemos podido conocer.

 


 

I Campeonato de Padel de Bombeiros A Coruña, novembro 2008

Esta nova actividade, xurdida grazas ó noso compañeiro Toño, grande aficionado a este deporte, propúxonos facer este campioanto. Nel participaron 16 parellas, das que chegaron á final as compostoas por Basi-Pablo e Io-Rafa. Ó final levárona os primeiros, con bastante claridade. 

 


 

Anglirú, Setembro 2008

             

Xa se vía vir esta excursión dende facía tempo, despois de ver a grande cantidade de socios que se aficionaron á bicicleta. E claro, non faltaron gañas, cando se soubo que na Volta Ciclista a España 2008 voltábase a subr esta mítica cima. Aló foron (coincidindo coa data da volta) os que puideron ir e trouxéronos esta grande experiencia. E como xá sabiamos, a televisión engana dabondo (parece bastante mais facil do que realmente é).


Ruta Ferrol-Coruña, Xuño 2008

              

Pois aló fomos unha "manada" de ciclistas a facer unha ruta dende Ferrol á Coruña. A ruta transcurriu dende Ferrol a Betanzos polo antigo Camiño de Santiago e denominado "Camiño Inglés". Con tramos bastante duros, fomos capaces de ir en grupo e de recordar algunha anécdota ciclista. Dende Betanzos á Coruña, fíxose duro para os menos adestrados, pero ó final chegamos todos san e salvos.


I Ruta cicloturística "Costa da Morte". Outubro 2.007

     

     

Era un día fresco, cediño, aínda o sol non quentaba cando comezamos a nosa ruta. O encanto destas terras e as lendas e misterios, facían presaxiar unha ruta moi fermosa. Comezamos no lugar de Oza do Rodo (Oza-Carballo) para dirixirnos por pistas e camiños cara a Praia de Razo. Dende alí subimos a Monte Neme para logo baixar cara o Refuxio de Verdes. A ruta foi pequena, 30 Km, moi fácil de facer e encamiñada ó disfrute do entorno e coñecemento de lendas e patrimonio cultural.

En Razo apreciamos as vistas da "Costa da Morte", en Monte Neme percorremos os restos das minas de wolframio, así como desfrutamos das belísimas vistas dende o alto. En Verdes, desfrutamos dun dos espazos mellor coidados da comarca.

Ó final, un xantar delicioso no lugar de saída, empanadas, viño, refrescos, pan e unha pota de callos, tartas, pasteles e licores.
 


Ruta en BTT. 4ª Marcha das Rosquillas -Ponteareas-. Xaneiro 2007

11 compañeiros decidímonos embarcar nunha pequena aventura en bicicleta de Montaña por terras de Ponteareas. O día presentábase moi frío. Ás 9:30 horas dase a saída da marcha, co termómetro marcando -3ºC (Casi nada). Non sentiamos as máns, nin os pes, nin o nariz, nin as orellas, por sentir, non sentiamos nin o frío. Conforme transcurría a ruta, comezamos a desfrutar cona un neno con caramelos. A experiencia foi maravillosa e seguro que repetiremos ó longo do ano. Ó final, obsequios para todos e unha comida de confraternidade entre tódolos ciclistas. De entre todos eses ciclistas, había un que chamaba a atención. Un ciclista sencillo, agradable cos compañeiros, sempre cunha sorrisa na boca e un corazón moi grande. Ese ciclista gañara o Tour de Francia do pasado ano.

 


 

II Carrera Popular "BOMBEIROS CIDADE DA CORUÑA". 20 Maio 2007

                

Si queres descargarte a clasificación, pulsa aqui

ver máis...

 


 Ruta cicloturística A Coruña-Santiago de Compostela. Decembro 2006




Dezaoito cicloturistas sairon do Parque de Bombeiros da Coruña, co único obxectivo de facer o "Camiño de Santiago" dende a nosa cidade. É coñecido coma o "Camiño Inglés", xa que era o camiño que realizaban os peregrinos que chagaban a Galiza a través do mar, dende os portos do Báltico, Países escandinavos, Países Baixo, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Dende os portos de Ferrol e A Coruña comezaban a súa marcha a pe ata Santiago.

Sucedeu o mércores 20 de Decembro. O día era frío, moi frío, pero nada puido coa nosa ilusión. O camiño fíxose ameno, gracias ás aventuras e desventuras, ós chistes e as bromas. O camiño é precioso, e o esforzo valeu a pena. Ríos, fontes, regatos, pozas, camiños, sendeiros, pedra, pinos, carballeiras, esta é a nosa Galiza. Ó final, chegada á Praza do Obradoiro, enfrente á Catedral de Santiago.

 


Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, Marzo 2006






O sábado 18 de marzo de 2.006, realizamos unha nova actividade organizada pola A.D.C. Bombeiros A Coruña, nesta ocasión era unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Río Eume. O día non se prestaba moito, xa que predecían choiva, pero esta practicamente non fixo acto de presenza.

Ás 11:30 horas chegamos ó punto de partida. Esperábannos cinco horas de camiñata nun contorno impresionante. Os castiñeiros fixéronnos compañía en todo o percorrido, sendeiros, ríos, fervenzas, cabras, ... Pasamos pola antiga central hidroeléctrica así coma pola nova, estivemos no Mosteiro de Caaveiro, agora mesmo en reconstrucción e como non, na presa do Eume.

Os participantes (Rober, Mani, Cas, Feal, Julen e Quito, así como os dous cans do compañeiro Feal), seguro que recordarán a camiñata por moito tempo.

 


 

I Carrera Popular "BOMBEROS CIUDAD DE A CORUÑA". (26 Marzo 2006)

 


Si queres descargarte a clasificación, pulsa aqui

Ver máis...

 


 

Ascensión Pico Cuíña, Febrero 2006




Despois de ter que aplazar a expedición polo temporal de neve que caiu en toda a península, a expedición resentíuse bastante, xa que eramos 22 persoas o 28 de xaneiro, e ó final, só fomos 8 o día 10 de febreiro. As cousas complicáronse dende o primeiro momento, xa que non esperáamos tanta cantidade de neve, e máis aínda, esas capas de xeo, que nos fixeron perder moito tempo, unhas veces con precaución sobre elas e outras veces por ter que sairnos do percorrido polo perigoso das mesmas. Ó final, non chegamos a coroar o Pico Cuiña, quedamos a unha hora do mesmo, pero valeu a pena a expedición. Outro ano será.